Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo (20130524)


Nota de prensa

Mesa de asociacións do concello de Ribadeo

20130524

(referenza en http://o-teson.blogspot.com.es/)

Representantes
de sete entidades (as asociacións de veciños de Remourelle, Rinlo,
Santalla, Vilela, a Plataforma de defensa da ria de Ribadeo e a
convocante AVV O Tesón, máis un representante da coordinadora pro
residencia) reuníronse o pasado venres no ribadense local do lavadoiro
dos fornos con varios puntos na orde do día.

En
primeiro lugar, fíxose un breve resume da historia da mesa de
asociacións, que tivo a última xuntanza en outubro do 2010 para tratar
do regulamento de participación cidadá. A partires daquel momento, e
dado que foron as asociacións as que puxeron en marcha o grupo pro
residencia en Ribadeo, a mesa non se voltou reunir para non interferir.
Con anterioridade,  a historia da mesa recolle a desconsideración dos
alcaldes, reacios a ter interlocutores diferentes que os encadrados en
partidos políticos, na liña de non considerar a implicación dos veciños na vida pública do concello.

Na xuntanza tratáronse diversos temas, en particular


O estado actual do regulamento de participación cidadá, que non variou
dende a última xuntanza da Mesa, e no que foi exposta a experiencia de
Allariz, con plenos radiados ou preguntas de viva voz no pleno por parte
dos veciños.


A área médica da mariña, punto no que se acordou distribuír o manifesto
para expresar a adhesión, e ter listo para a próxima xuntanza un
informe, incluíndo o estado da cuestión nos temas da concentración, e as
restriccións, tanto en atención primaria como en hospitalaria.

– A polémica sobre o nome da ría, tema sobre o que houbo unanimidade no apoio ó nome legal e no que xurdiron algunhas propostas.


A integración na xestión da reserva da biosfera, tratada recentemente
nos medios como unha necesidade para seguir desfrutando de axudas, pero
sen vislumbrar unha querencia por unha participación real por parte das
autoridades que están a levar o tema, acordando facer un escrito.

Asemade,
tocáronse outros temas dos que se viu o interese e se decidiu manter
por diversas razóns nun segundo plano, como o xulgado ribadense, o uso
de herbicidas en autovías, estradas ou mesmo por parte de empregados
municipais, ou o mesmo mantemento do local de asociacións, que foi
necesario limpar e ordear en parte para comezar a xuntanza.

Conscientes
da necesidade de reorganización da mesa, así como da conveniencia de aumentar a representación,
mesmo da procura dos teléfonos ou correos electrónicos para contactar algunhas novas
directivas de asociacións, os reunidos acordaron voltar a xuntarse o día
21 de xuño ás 21 horas no mesmo lugar, o lavadoiro da rúa dos Fornos.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *