Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pleno en Ribadeo e xestión da nova


Antonte, algún medio daba como nova que onte habería pleno. Resulta que o pleno é hoxe, pero o concelo só publicou ontre na web (non sei a hora) a nova de que era hoxe, co que máis dun despistado (eu entre eles) non o chegou a saber antes do pleno. Antes deste mandato, os plenos facíanse os primeiros ou segundos luns de cada bimestre , por norma, pero agora, sen que saiba que cambiaara a norma, a realización efectiva variou: son raros os que se celebran un luns, ordinarios ou extraordinarios. Varias mocións e informes integran un pleno onde se prevé que asista xente afectada polas preferentes, porque unha das mocións trata diso. Coido que o punto no que pode haber algo de discusión, máis aló da retórica típica de cnado hai expectación, é o de aprobación da Ordenanza reguladora do uso do aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal, da que intentei o que estaba exposto (como foi anunciado) e non puiden, porque non estaba exposto nos carteis nin o vin na web. Habería que pedilo dentro? Pode ser … A comunicación institución – administrados coido que falla como tal, para canto máis a comunicación que debera ser institución – partícipes, que todos o somos da institución municipal. Haberá que seguir insistindo no tema.

Deixo un boceto dende o Mondigo nun claro dun día de choiva, con Noceda ós pés e a costa entre Reinante e Burela, con Foz case no medio da imaxe.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *