Un novo caso, entre os que poden servir de ilustración estes anos. O hospital da costa, despois de múltiples intervencións políticas promentendo o ouro e o mouro mentras se lle quitaban cousas e poder desviándoos a Lugo, despois da dimisión da cúpula de decisión e a súa substitución, e a defensa da situación pola nova cúpula, en tan breve tempo como un mes e un pouco, os números cantan: a situación está desmellorada, e ata o novo xerente, o segundo na nova cúpula, recoñece que a cousa vai a peor. E coma quen di, remata de pasar a depender direitamente de Lugo, co que a situación actual sería a de benvida ou romance inicial … o que nos queda.