Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Unha curiosidade sobre o hospital da costa


A coordinación dependerá de Lugo e os veciños estamos a recoller sinaturas de protesta e para a ampliación. ‘De Santiago’ (así, impersoal, pois resulta que o presidente da Xunta anda por detrás pero os ‘datos’ no seu apoio parece que os poñen outros) dínnos que xa hai feito un estudo de cánto pode costar a ampliación: 20 millóns.

E imos ver. Se hai cousa de cinco anos prometeron sete millóns, que se quedaron literalmente nuns contedores-consulta de abondo menos, se houbo unxuntanzas coa parte social para axudar a levar a zona comarcal que logo non foron atendidas e non se voltaron a convocar, se prometeron que non se ían levar servizos a Lugo, e comezaron por levarse os médicos para continuar despois, e agora, en plena crise (cada vez máis forte) nin falan de promesasconcretas, senón de ampliación por unha beira, e cálculos de posibles gastos por outra, e rematan de levarse a coordinación a Lugo, tras incumplir promesa tras promesa, quen vai a creelos? Persoalizando, quen vai a creer a Feijóo (quen fai as promesas e as incumple)?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *