Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Día D, hora H? (II)


Tentarei repartir, e adicar tamén unhas verbas a outra ‘hora H’: a do hospital da costa e a área sanitaria. Despois de estar falando onte cun amigo do tema, e razonando por diversas cuestións, en particular as verbas recentes do director do hospital e o tamaño e funcionamento do HULA, así como a sangría de médicos e servizos en favor del dende Burela e Monforte, tiñamos claro ambos que a cousa estaba a caer. E hoxe caeu: na portada de A Mariña / O Progreso aparece a xestión única provincial, e nas novas dixitais do mesmo, a Feijoo dicindo que iso mesmo beneficia á Mariña.

Non, o hospital non morrerá: sinxelamente, será un hospital de segunda. O temido dende hai anos, contra o que se loitou, xa chegou: Día D, hora H.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *