Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Curiosidades á vista en Ribadeo este fin de semana


Para comezar a semana suave, unha porta de abrepecha funcionando de contínuo, onte na zona de grandes superficies …

Seguido dunha reparación: unha tiriña para reparar unha ‘rotura en óso’. Así pinta o pao da Juanín na rotonda. A que case non se nota o paso dos energúmenos?

Bancos sen banqueiros. Á entrada do polígono, ó pasar por alí pregúntase un se algunha vez se sentaría alguén, mesmo de proba. Ás papeleiras á súa beira, algo parello. Aínda que se se recollera todo o plástico solto que hai na parcela contigua a ista, non chegarían as tres que hai nin outras tantas.

Este fin de semana, o sábado, a mañá deu moito de si coa néboa e os montes nevados. Unha imaxe:

O marco da Pena Verde, monumento megalítico usado como marco de separación entre os concellos de Ribadeo, Barreiros e Trabada (pŕoximo ó pico da estrada Trabada – Barreiros en Fórnea. Abaixo, o cartel). Por certo que case cambia de cor, coas pintadas -xa case borradas- que lle meteron. A inclinación parece diferente nas dúas imaxes pola diferente orientación da toma.

E un traslado palaciego pola rua peonil, camiño do almacenamento ata outro ano…

Agora, a comezar a semana.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *