Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Dicionario de Madoz e Ribadeo


Remata de chegarme por reenvío de reenvío propaganda do dicionario de Madoz. Di que no enderezo http://www.diccionariomadoz.org hai información (histórica) de Ribadeo, pois trátase dun libro de 1848. E si, haber, haina, mais …

1.Débese procurar por Rivadeo, antiga grafía usada para o actual Ribadeo.

2.Aparecen varias respostas (entre elas, da Vega de Rivadeo), algunhas das cales se solapan.

3.Trátase dun escaneado sen corrixir, co que polo momento, é unha curiosidade que para tratar é necesario traducir, algo que ás veces non é doado.

En fin, trátase dunha páxina web que tenta procurar anuncios, e que posiblemente no futuro dará que falar, pero na actualidade, se alguén quere sacar algo dela, necesita traballar antes. A voz ‘Rivadeo’ será traballada, aínda que se se tivera a man, mellor sería unha transcrición manual que a análise do que se obtén en internet …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *