Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo


Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición.

Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.

De que se trata?

Mentras as peticións públicas non saíron de Ribadeo, e foron iso, peticións tentando aclarar, o partido ‘tolerou’ a actividade para lograr unha residencia de anciáns en Ribadeo. Despois de ano e pico, incluídos varios desplantes por parte da Xunta, aprazamentos, falta de resposta, etc, entón prantéxase ir a Santiago e facer forza alí dun xeito público, o que se entende por unha manifestación (aínda que a un desprazamento así non se lle pode chamar só manifestación). Vaites, non! Que entón en Santiago poden enterarse que o PP ribadense non ten o control, e ademáis, pide algo para o pobo que os de enrriba non consideran! Así pois, segundo o PP, manifestación, non.

Permítome pasar de puntiñas ata o momento por un tema relacionado: Manuel Valín, representante no concello polo PP como cabeza de cartel, apoiou a realización da manifestación (a xuntanza de antonte implicou un apoio unánime dos reunidos)mentras que agora parece que algunha facción deixou a Valín como minoritorio dentro do partido en Ribadeo. Coido que non é a primeira vez que pasa algo disto dende as eleccións, e que haxa diálogo dentro dun partido coido que é bo. Máis, a tenor das informacións, non é exactamente diálogo construtivo para determinación dunha liña de actuación, senón enfrontamento polo poder, algo ben diferente no resultado e na convivencia.

A residencia en Ribadeo leva retraso. A crise vai adiantándose e adiando unha posible solución, e minguando os recursos ó tempo que dando desculpas para solucións. O futuro está aí e hai que loitar por el. Dar desculpas despois de todo este tempo para dicir que se está a facer un estudo, non é de recibo. É de esperar que a xente de Ribadeo non o recibamos, cun motivo que non tiña antes a consellería cando nin recibiu á comisión.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *