Aló polos 80, un membro do club Altruán ensinoume a manterme sobre a piragua e mesmo avanzar para moverme pola ría con tranquilidade. Moitas molladuras seguidas, a paciencia do meu mestre e algo de voluntade pola miña parte, deron resultado ó fin.
Despois deixeino, pero ségueme a gustar, en particular polas posibilidades que ofrece.
O Club Altruán cumpriu 30 anos. Con boa saúde. Dende aquí, a miña felicitación ós que mantiveron e manteñen un espazo que ten historia pero que sobre todo foi bo para moitas persoas en Ribadeo.