Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Xardín sen xardín


Coa liña actual, así será. O que en tempos foi chamado ‘xardín de Sela’, despois pasou a ser sinxelamente ‘xardín’, e logo pretendeuse ‘de indianos’ nunha zona, remata de sufrir unha nova merma. Hai uns meses tomei nota no blog dun atentado que fixera arder o parque infantil de preto das vivendas sociais. Estas semanas remata de consumarse: en troques de amañalo alí, convertiuse en aparcamento, deixouse un anaco máis para beirarúa, e o parque pasou a unha nova posición diante da casa do óptico. Hai que recoñecer que no paquete foi incluído un camiño que evita a rotonda e pasa por diante do canapé, que facía falla despois de quedarse o concello co tramo que antes era de Fomento e a construcción da rotonda (que tamén colleu parte do xardín, claro)…

Enrriba, a obra, aínda sen rematar.

Abaixo, outro anaco de parque sen parque. O terreo cedido para a instalación dunha terraza segue así meses despois de que o local cerrara:

Co que, de seguir, nun tempo quedará o ceo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *