Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De novo, os paxaros


Xa pasara ‘moito tempo’. Os estorninos están de volta por Ribadeo. Deixo a continuación catro fotos, unha ampliación e un vídeo:

Unha árbore aparentemente normal no xardín, moi poboado de follas, iso si,

Se nos fixamos, na ampliación a grande maioría das ‘follas’ non son tal, senón paxaros.

O que se pode notar cando comezan a moverse…

… no que é toda unha estampida, …

… producida por iste can ó que case non se lle podía escoitar ó ladrar.

O vídeo, non tan bo como o referido enrriba, da mostras dun pouquiño da evolución de parte da colonia, onte ó mencer.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *