Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A voltas coas festas: “Festas da patroa 2012. A festa vai por dentro”


Por iso de que andan a pedir algunha colaboración sobre as festas, aí vai a que escribín eu para ‘La Voz’:

Festas da patroa 2012. A
festa vai por dentro

Mirando
a previsión antes dunha festa, pensamos no que faremos, como
desfrutaremos … e ilusionámonos ou desilusionámonos de antemán.
Visto así, coido que é mellor cavilalo en pasado: que se lembrará
das festas de 2012?

Como
se dicía das feiras, cada un falará das festas segundo lle vaia
nelas. E, moito tempo adiante, terán relevancia só os carteis e
folletos de man, os xornais desta época e o que se conserve
audiovisual ou escrito noutros medios. Un pouco antes, é posible que
teñan relevancia algunhas testemuñas orais, máis que nada, porque
serán a ‘fonte de información de primeira man’.

Pero,
aínda antes, coa lembranza máis recente -poñamos nun lustro ou
aínda nunha década- o que se recollerá en xeral será o que queda
na propia memoria, o vivido por cada un de nós nas festas, sen
remitírmonos a outras fontes de información. É dicir, o que nos
importou a nós mesmos.

Entón,
dende antes do día da patroa, hoxe, día 4 de setembro, a cousa non
está moi clara: faltan os días de festa grande para xulgar. Aínda
así, as festas parece que tiveron puntos que se lembrarán: a
polémica sobre quen ía facer o pregón ou a espada de Damocles
pendendo sobre a propia realización das actividades festeiras,
primeiro sobre o conxunto, logo sobre partes, fará que poidan ser
lembradas como ‘o ano da polémica das festas’. Mais, dun xeito ou
outro, a polémica xorde de xeito natural ó xulgar as actividades
nas que participa moita xente, o que fai que o tempo relativice a
cuestión.

Así,
a pesar do anterior, cadaquén terá a súa vivencia, a propia, a que
lle servirá de referencia, a que lle fará sentir ‘eu vivín esas
festas’, a que fará que estes días lle sexan propios. Pode que sexa
sinxelamente pola visita dun amigo nun momento inesperado, ou por ser
as últimas antes da partida a traballar ou estudar lonxe, ou por ser
o momento no que cristalizou o amor, ou …

Os
motivos, cadaquén terá o seu, dispoñendo dunha morea de
posibilidades. Pode que os máis próximos conecten con eses motivos
que temos cada un ou que o quede reservado para nós. En calquera
caso, o que non dubido é que a impronta destas festas quedará. En
Ribadeo, si, pero en particular en cada un de nós, facéndonos
lembrar as festas do 2012 como aquelas nas que … máis aló do que
poda saír nos papeis, e tendo como límite só a nosa capacidade de
desfrutar, de sentir a vida, de sentir a festa. ‘Que a festa te
acompañe’ …


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *