Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Visibilidade (II)


“Aprendimos que los trapos sucios es mejor no airearlos, los hay que lavar en casa.”

As anteriores son verbas que hoxe aparecen no xornal, ditas polo antigo presidente da Comisión de festas e actual portavoz, e que coido cadran co título do post de onte: visibilidade. De calquera xeito, e na liña de anteriores intervencións, o tema seguen a ser os cartos. Os pagos á sgae, un tema do que non é a primeira vez que se fala no blog (por exemplo, aquí), pero sobre todo ás orquestras.

Coido que a sabedoría popular sobre as festas ténse perdido, e agora hai que recuperala para ben de todos. Non se trata dunha aprendizaxe puntual, senón máis profunda. Nese sentido, lembro os comentarios a ‘Comezaron as festas‘, ou animo á lectura de ‘Recuperar las fiestas patronales de Ribadeo‘, por citar tan só escritos moi próximos no tempo a este mesmo. Quizáis non esteña neles a solución para a actualidade, pero seguro poden contribuír á súa xerminación.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *