Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
8.240 posts
27 followers
Follow Ribadeando
My Profile
Copy and paste my profile into the search field of your favorite fediverse app or server.
Your Profile
Or, if you know your own profile, we can start things that way!
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
A honra de Ribadeo
A honra dun pobo é a dos seus cidadáns. Onte domingo tivo lugar o recoñecemento (din concesión, pero coido que é mellor a verba que eu uso) de fillos adoptivos e fillo predilecto respectivamente a José Calavera Ruiz, John Rutherford e Víctor Moro Rodríguez. Moito para resumir nun acto diverso que sumou ós discursos dos homenaxeados a súa presentación por Eduardo Gutiérrez, Manuel Valín e Fernando Suárez, respectivamente, máis a intervención da Coral. En orde, as diversas intervencións están máis abaixo en audio. De calquera xeito, elixindo algo puntual de cada homenaxeado, quedaríame co destaque de Calavera a outra persoa, Ernesto Cruzado, que viu así como se facía en certo xeito partícipe da homenaxe. De John, que debuxou o Ribadeo doutro tempo, a impresión e transpiración dunha terra coa que se mimetizou. E de Víctor Moro, o non pasar por alto que a mesma corporación que o nomeou, en boa parte pola defensa do nome da ría, non fixo nin está a facer os deberes correspondentes nese e noutros temas.
VÍctor Moro, de volta da recollida do título e insignia