–Artigo para o libro das Festas do Carme 2012 escrito por Pancho Campos, que espero en breve será acompañado con algún outro relativo á influenza no desenvolvemento da zona e capa da ría que tivo a ponte dos Santos, a punto de cumprir 25 anos (inaugurado o 29 de xullo de 1987)–
Os barcos representan desde a remota antigüedade unha das formas máis avanzadas de medir o grado de civilización en que se atopaban os pobos que os construían. Cretenses, fenicios, exipcios, gregos, romanos, escandinavos e chinos dan mostra nos seus grabados e restos arqueolóxicos, de ser pobos de ámplia civilización e desenrolo no estudio das ciencias, polas súas técnicas de Construcción Naval e
como consecuencia das súas navegacións, foron precursores do Comercio Marítimo que abríu as portas do mundo o intercambio de todo tipo de produtos agrícolas e artesáns, extendendose as súas técnicas de cultivo e artesanais, por tódolos continentes. As rutas marítimas abriron as portas hacia o coñecemento máis profundo do saber de outros pobos lonxanos, abriron as portas da civilización mundial.
Sempre me gustaron os barcos e a Historia, e para a miña sorpresa, atopo con que as historias máis entrañables de barcos, están nos mercantes de Ribadeo. Unha lista de 43 barcos mercantes que me amosa o meu amigo Pablo Rodríguez Fernández, “Vivin”, foi a espoleta que fixo saltar a meu instinto de búsqueda das súas historias, todos eles son de Armadores afincados en Ribadeo. Coñecía a súa parte comercial, polo documentado libro de Chemi Lombardero Rico: “O Porto Comercial de Ribadeo”. Pero hai moito máis, de ambiente mariñeiro, e quero destacar hoxe aquí, unha das viaxes da Corbeta mercante “Bella Antonia”, cuxa parte da súa historia marítima dice así:
Corbeta mercante “BELLA ANTONIA” Porte: 309 Tm (TRB)
Quilla: 91 pés de Burgos; Eslora: 100’; Manga: 27’; Puntal: 16’; Plan: 18’
(Nota: 1 vara de Burgos = 0,835905 metros 1 pé de Burgos = 27,8635 cm.)
(Características expresadas en escritura de 8 de Febreiro de 1852)
Armadores: D. Antonio Casas // D. Antonio García de Trío da cidade da Habana
Constructor: D. José Ron, no Asteleiro de Viabelez.
Mandada polo 2º Piloto D. Agustín Torrontegui
Unha Corbeta de 100 pés de eslora, de mediados do século XIX, arbolaba tres palos: trinquete e maior con aparello redondo ou de velas cuadras, e mesana de cangrexa, con sobremesana e perico redondos. No bauprés catro foques. Era como unha Fragata, pero de menor tonelaxe. As alturas dos palos, según a lexislación Inglesa de 1835, eran das medidas aproximadas seguintes: macho maior: 78’; mastelero maior: 26’; mastelerillo maior: 13’ e para o galope ou mastelerillo de sosobre: 6’.
Resultando unha guinda de: 123’ (pés) = 41 metros (altura desde a fogonadura a galleta do pao). Así o Bella Antonia, non podería entrar hoxe arbolado no Porto de Ribadeo, pois non pasaría por debaixo do mamotreto, fruto da “modernísima” Inxeniería Civil, chamado a Ponte dos Santos.
Por motivos de fletamento ou de tasas, o “Bella Antonia”, en 8 de Xuño de 1852, volve a ser arqueado polo Carpinteiro de Maestranza da matrícula de Rivadeo, D. Antonio Martínez, dando: Eslora: 110 pes de Burgos; Manga: 29’; Puntal: 18’ o que resulta un porte de 402 Tm. Esto é unha tonelaxe 100 Tm. superior ca orixinal. Creemos que esto fora debido a motivos comerciais, pois en casi tódolos barcos, era práctica común o facer unha nova medida de Arqueo, según o flete, viaxe ou tipo de carga a que fora destinado.
E aquí chegamos a reseña documentada, transcrita a letra (sic), que despertou o meu interés por este barco:
“El Cónsul de S.M. (Su Majestad) en Singapur en oficio de 30 de Enero de 1860, remite a esta Comandancia (de Rivadeo) en cumplimiento de lo que previene la Ley 28-octubre-1837, un testimonio en que se expresa la carena y composición que se ha dado en aquel puerto, y su coste, a la Corbeta española “Bella Antonia”, al mando de su Capitán D. José Torrontegui, que llego con Gruesa Avería el 9 de Noviembre anterior (1859) procedente de Manila y salió para La Coruña el 20–Enero-1860”.
“El testimonio es como sigue: “Consulado de España en Singapur Nº1, D. Balbino Cortés, Cónsul por S.M. (q.D.g.) = Certifico y doy fe que el día 5 de Noviembre de 1859, se presentó en este Consulado a hacer declaración de Avería el Capitán D. José de Torrontegui de la Corbeta española Bella Antonia, el cual después de cumplir con todas las prescripciones del Código de Comercio, se procedió al reconocimiento pericial de su citado buque y a su composición, la cual consistió: Primero: En reconocer los sitios por donde su casco hacía agua, siendo preciso darle de quilla y desforrarle los fondos. Segundo: Que en ellos faltaban algunas planchas de cobre y que hubo necesidad de cubrirlas con gala-gala y felpa, después de calafateado y forrarlo de metal de nuevo. Tercero: Que la tablazón roída por la broma, ha sido reemplazada con obra nueva de teca y claveteada de cobre. Cuarto: Que se le han puesto al timón dos nuevas hembras de metal con sus correspondientes pernos y Quinto: Que el coste a que han ascendido estas reparaciones han llegado a la cantidad de 3.413 pesos fuertes con 76 céntimos.
Certifico además que se ha entregado al dicho Capitán D. José de Torrontegui todo el expediente original, en el cual consta su tramitación y que ha quedado en esta Cancillería dicho duplicado y auténtico. En 30 de Enero del año de 1860 = El Cónsul de S.M. Balbino Cortés = Hay un sello”. Lo que se anota por providencia del Sr. Comandante de Rivadeo de 2 de Abril de 1860 (Firmado: Palacio)
Como podemos ver, esta Corbeta de 300 Tm de Rivadeo chegaba a Manila, a Filipinas ¡nada menos! e reparaba en Singapur de viaxe de volta. É de suliñar que non atopo ningún barco de Rivadeo, cun viaxe semellante. Os viaxes a La Habana; Puerto Rico; Bos Aires, Amberes, Cardiff, Liverpool, Londres, Terranova, eran os viaxes normales, pero a Manila non era nada normal, pois ¿cal non tería que ser o precio da carga, para que compensara traer algo máis de 300 Tm. netas?. Coloniales seguramente: vaixelas completas e pezas de porcelana fina, mantóns de Manila de riquísmo bordado; mobles e tallas de madeiras nobles de meticulosa filigrana, todas elas xoias da artesanía, ¡un flete chamado de “carga de valor ou preciosa”!
A seguinte nota, da idea do tempo que tardou en facer a viaxe: “El 2 de Junio de 1860 entró (en Rivadeo) la Corbeta “Bella Antonia” procedente de La Coruña”, así que si sale de Singapur 20-Xaneiro-1860, e entra en Ribadeo o 2-Xuño-1860, siñifica que en algo máis de tres meses, fixo a vela máis de 12.000 millas de navegación, pois xa procedía da Coruña, seguramente para descargar o cargamento de Manila, o que lle levaba máis-menos 20 días de plancha ou surto na abra do porto… toda a viaxe casi de un tirón. ¡Casi nada!
E como todo se acaba neste mundo, logo de 16 anos de navegación por tódolos mares do mundo, chega o retiro e dice unha nota: “A solicitud de los propietarios, este buque fue desguazado y desecho totalmente en el Carenero de la Villavieja, previo permiso del Comandante de la Provincia (Marítima) lo que se anota en Rivadeo a 10 de Marzo de 1868. El encargado del Detall (D. Juan Tomás Cucullu Alferez de Navío) (Firmado: Cucullu)”
Reflexionando sobre o antedito, e vista a Historia dos séculos XVII e XVIII e dos máis de 50 barcos mercantes que contribuíron ó Rivadeo próspero do século XIX, recorro con nostalxia as calles do noso Ribadeo antiguo para ver os vestíxios que quedan das casas de Armadores, Capitanes, Maestros Constructores, mariñeiros e da xente que traballaba no porto, para entender que pasou con aquel tempo que trouxo a construcción dos Portos de Porcillán, e de Figueirúa, as vías férreas, o Cargadeiro, as Casas de Indianos e os edificios emblemáticos como a Torre dos Moreno, a Plaza de Abastos, a Granxa Pedro Murias, o progreso e industrialización crecente, as conserveiras de pescado, a fábrica de liño, os aserradoiros de roble, castaño e pino, de Consulados, de Xuzgado de Primeira Instancia…de Academias de Enseñanza, talleres de Pintores e de oficios diversos de artesáns de tódolos gremios…. incluso por aqueles finales dos 1890 se reconstruíu a Terceira Órden e o Convento de S. Francisco, en fin, un pobo en progreso crecente… e por desgracia, chego a conclusión, de que nunca máis volverán aqueles tempos, pois tendo como tíñamos a magnífica herdanza da Ría de Ribadeo con calado dabondo, nun Porto Comercial coas rutas abertas o mundo enteiro, donde atracaban os barcos de mediano porte da época, fonte indispensable de propulsión da nosa economía local e comarcal, fomos incapaces de parar as obras da Inxenería Civil desastrosa, como: a Ponte dos Santos, feita como un tablón de andamio, apoiado entre acantilados e sobre pilastras centrales (para que non lles caiga o tablón) fincadas na Ría, e cuxas zapatas distorsionan o transcurrir natural do fluxo e refluxo das mareas, que xunto coas “magníficas obras de inxeniería” da escollera e recheos varios, producen a colmatación de area máis desastrosa que puidera imaxinar o mellor artificiero de destrucción masiva dun porto. En 1787 Porcillán tiña un fondeadoiro con amplias zonas de 8 e 13,5 metros de calado en marea baixa e hoxe o centro do canal ten 6 metros en marea chea. ¡Non hai derecho, que se permita facer obra pública con fondos do herario público a personas tan incompententes!
Non quero acabar sin decir, que a Ponte dos Santos é necesaria. Sin duda. Pero unha ponte feita baixo estudos serios de impacto ambiental, con inxeniería intelixente e con xuizo para crear futuro, con al menos 42 metros de altura ou con gálibo de navegación axeitado as necesidades dos barcos modernos; prevendo a menor obstaculización do canal, sin pilastras, nin zapatas fincadas na Ría, o que puidera ser resolto cun arco de alto peralte, estribado nos acantilados, tipo viaducto da Concha de Artedo, ou unha ponte atirantada, ou colgante… en fin, algo do noso tempo e non unha ponte “neo-románica” chea de máis badenes que unha montaña rusa, e que de seguir así, terminará caendo polo seu propio peso…
Por outra banda, para volver a ver un Ribadeo con Porto Comercial competitivo, debería unirse por vía férrea coa meseta, obra xa estudiada no século XIX hasta Villafranca, tan necesaria daquela como hoxe, para unha economía provincial próspera, e tamén será necesario facer limpeza total da escollera e dos rompeolas diversos, que fan de tapóns do canal e que non sirven para nada…
¿Como é posible que non se poida hoxe ir e vir a Veiga en piragua sin varar?. É intolerable que toda a pésima construcción civil que se fixo a partires de 1985 se siga mantendo en pé, a pesar de verse a todas luces que está destruíndo todo o noso futuro de desenrolo industrial, pois estase terminando de cegar de forma irreversible, a principal vía de comunicación de Ribadeo, a Autopista dos Océanos que representa a Ría de Ribadeo.
Felices Festas da Virxen do Carmen a todos, e invítovos a reflexionar sobre todo esto un minuto, en particular os que sentides o mundo do mar a flor de piel.
Pancho Campos Dorado