Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Hoxe, martes 10 de xullo haberá pleno


Anímaste a ir ó pleno? Normalmente é os luns, pero iste retrasouse ó prever a falta de varios conselleiros. Teño que dicir que non puxen antes o documento porque non o din atopado,
o que fixen en contacto electrónico cun concelleiro, e, ó que parece,
alomenos parte da culpa, senón a totalidade, de non telo atopado, foi miña. Algo do que me
aledo, porque significa que o concello vai avanzando nalgúns temas de
información/transparencia/participación.Deixo a continuación a orde do día, tomada da páxina web do concello:

DECRETO: 

En uso das atribucións que lle confire o art. 21.1 c) da Lei 7/85 esta Alcaldía 

RESOLVE convoca-lo Pleno do Concello para celebración de sesión para o día e hora que de seguido se expresa, sendo os asuntos comprendidos na Orde do día os que se indican: 

PLENO ORDINARIO 

LUGAR: Casa do Concello. 

DATA: 10 de xullo de 2012. 

HORA: 20,00 h 

ORDE DO DIA 

1.-Aprobación se procede da acta da sesión anterior, ordinaria de data 14 de maio de 2012. 

2.-Expediente para extinción título de ocupación e desafiuzamento da vivenda número 13 da rúa Paco Lanza (Grupo de Vivendas de Profesores núm. 6242 B) 

3.Expediente para dar nomes a diversas rúas na Vila de Ribadeo. 

4.-Modificacións na RPT deste Concello. 

5.- Control dos órganos da Corporación (art. 46.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local). Dacion de conta de decretos da Alcaldía. Mocións. Rogos e Preguntas. 

Mocións: 

1.- Moción do BNG sobre fumigacións. 

2.- Moción do PSG-PSOE sobre fumigacións. 

3.- Moción do PP sobre petición de dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo. 

4.- Moción do BNG sobre supresión da oficina liquidadora. 

5.- Moción do PSOE sobre a Axencia Tributaria de Galicia. 

6.- Moción do BNG polo futuro da comarca da Mariña. 

Mandao e asinao o Sr.Alcalde, en Ribadeo a 6 de xullo de 2012, do que eu, Secretario dou fe.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *