Visto en internet, escrito por Ignacio Escolar:
Ya sé lo que siente un argentino: fracaso económico y éxito futbolístico.
E foi unha festa, pero non das correntes. Estábase a celebrar antes de que sucedera, baixo o lema de ‘e eu, máis’. Non importou gransgreder, sempre que se mantivera a cousa dentro das consignas do día. Aquí e … na Coruña, por exemplo, onde un amigo comentaba estar farto das ‘putas bocinitas’. Foi unha festa compartida, pero non por igual. Nin o concepto de festa, nin o sentemento, … Absoluta, sen límites para algúns, quedou nun sorriso para outros. Os seres humanos somos así de diversos. E por iso necesitamos normas de convivencia, que ás veces saltan polos aires sen importar a quen as fai saltar.
Non sei como andan as respostas sociolóxicas para predicir cánto tempo será o resultado futbolero antídoto contra a crise, pero xa está estudado hai tempo, en Masa e poder, que esto das masas é como o das burbullas: medra e cada vez fáise máis impresionante, grande e bonita … ata que de tanto medrar, estala (pode haber outras variantes, pero cando a burbulla medra rápido, a súa desaparición tamén é rápida xeralmente).
Ribadeo ‘celebraba’ tamén onte, 1 de xullo, que dúas direccións de dous IES estaban a última hora do venres sen renovar, cesando o 1 de xullo, onte. Será que hoxe temos dous IES (aínda, en espera da unificación) sen dirección? Será que non chega que a educación a nivel estatal esteña asoballada e sen dirección?