Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O Tesón convoca Asamblea


A AVV O Tesón convoca para este fin de semana unha asamblea de socios. A convocatoria, distribuíndose, di:

“Pola presente, convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo, o domingo 1 de xullo ás 12:00 en segunda convocatoria (ás 11:30 en primeira convocatoria, que non se fará por falta de quorum)

Os puntos previstos na orde do día son:

1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior

2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades

3.Presentación de orzamento e programa de actividades

4.Rogos e preguntas

Dentro do programa de actividades acordarase a xa tradicional viaxe societaria.

En Ribadeo, a 14 de xuño de 2012”

Dende logo, temas a tratar como propostas para o futuro non han faltar. Outra cousa é mans para poñerse a eles.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *