Continúa de Semipleno ata as 23:59 (II) e Semipleno ata as 23:59.
A última moción (BNG. 7-1-4) foi sobre o mantemento da axuda no fogar, a máis destacada nos xornais a conto do enfrontamento PP-BNG, quizáis tamén a partires da nota de prensa do concello. A cousa comezou cando Tino (UPRi) suxeriu sacar doutros lugares para meter neste saco. Despois, Azucena (PP) dixo que xa estaban cansos de acusacións ó goberno do seu partido, e que o que se debera facer é derogar a lei de servizos sociais, non o decreto, e iso, polas competencias de unhas e outras administracións. Así, o tema sería cousa exclusivamente municipal, co que a Xunta non ten que subvencionar ren, senón en todo caso a Deputación. Como se ve, a cousa ía de partido contra partido e retorno … Rematou mesmo saíndo a colación a residencia de anciáns que se está a pedir para Ribadeo, se ben dun xeito curto e algo confuso ó meu entender.
Na parte de rogos e preguntas, entre outros:
Aceptouse o facer un paso pintado na avda. de Luarca mentras duren as obras do pavillón, e Lallo preguntou ademáis por un canón aparecido na ría que entre almacén municipal e casa de Sela (onde foi levado non se sabe moi ben por que) non está localizado.
No turno seguinte de preguntas, a cargo de Tino (UPRi), o representante socialista abandoou a sá (~11:15), como xa había medio dito en confrontación verbal con Azucena.
Preguntou Campo Braña (PP) sobre facilitar o pago na zona azul, pero as máquinas non permiten a súa utilización nese sentido. Cando remate o período de contrato de arrendo, verase o tema.
Por cuestións familiares, Teresa (BNG), tamén abandoou a sesión.
Seguiu a suxerencia do traslado dos aparellos biosaudables do aparcadoiro a outro lugar, que se estudará.
Vaise a interventora (~11:25), o que a renglón seguido da pé a un comentario de M. Valín (PP) sobre a falta de respeto ó pleno.
Sae a relocer despois que a P.L. coordínase agora para facer controis conxuntos coa G.C., e que agora fai os sábados toda a noite para evitar os problemas da falta de cobertura horaria nas madrugadas.
Tamén se falou sobre o estado das demolicións ordeadas en xuízo, coa resposta de que unha está realizada e outra en período de multas coercitivas.
Azucena (PP) propón subvencións para a instalación no polígono industrial.
Sobre a montaxe dos postos no mercado e as reclamacións por impago, lamentouse a marcha da interventora, suxerindo M. Valín que non se deixe marchar.
O prezo da máquina de fichar? Arredor de 12 000 € en total, sendo varias de diferentes tipos para adecuar ós diferentes lugares de traballo e funcións.
Saiu tamén a relocer a separación montada no cantón dos Moreno entre dous locais de restauración, que se mandou sacar, foi alegada a orde, …
Antes de rematar, saíu o tema de que hai unha ordenanza prevista sobre mocións e regulamento de plenos que se traerá próximamente ó pleno. Evidentemente, fai falta.