Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Cachondeo a conta da sanidade. Quen cura á sanidade na Mariña? Pequena historia para comprender os últimos anos.


Hai xa moito tempo, a metade da viaxe do bipartito en Santiago, que se formou unha plataforma de defensa da sanidade pública no hospital da costa. Daquela había un cheiro a que o hospital ía quedar desatendido para promover o ‘grande hospital’ de Lugo, que era só era un proxecto en marcha. Antes aínda houbo un tempo no que o hospital creou unha comisión de seguemento (como o resto dos hospitais comarcales de Galicia) á que foron invitadas as asociacións de veciños. Como daquela non había na costa asociacións federadas, a representación nun primeiro momento asignouse ás asociacións de Lugo, o que, coas perspectivas que se prevían, era algo así como poñer ós interesados en marchar a coidar dos intereses de quedar. A cousa logrou pararse  e participaron varias asociacións de veciños da zona, entre elas, O Tesón (por certo, que o tema serviu para engrosar un sistema de federación de asociacións veciñais totalmente viciado pola política e clientelismo no que a asociacións ribadense se negou a entrar). A comisión apenas chegou a ter dúas reunións ó manifestarse crítica co funcionamento do sistema e quedou arrumbada, pero do coñecemento mutuo naceu a plataforma de defensa do hospital da costa, que se integrou xunto con outras resultantes no sistema de defensa da sanidade pública. Dela tamén pode dicirse que cambiou, en certo xeito, dexerou, pois foise facendo máis sindical e política e menos veciñal, de forma que a representación veciñal na estrutura (que é unha estrutura non exactamente definida, senón informal) na actualidade redúcese ó contacto informativo do que vai sucendendo e a pouco máis, como a participación nalgunha protesta, collendo o timón un grupo con intereses particulares, aínda que esteñan relacionados co mantemento do hospital.

E veu non só a inauguración do macrohospital lucense, senón tamén a crise. Polo medio foron anunciadas de xeito sucesivo varias veces a ampliación do hospital. Ampliación de verbo, que non de acción. O que si houbo foi pouco a pouco eliminación de material, persoal e servicios. Eso si, pouco a pouco. Pero incrementando na zona a desfeita na saidade pública. Agora anúnciase outra ‘nova’ ampliación polo Presidente da Xunta. Haberá quen o crea? Ou quizáis a pregunta sexa: será a ampliación (e retorno de servizos) antes das eleccións?

No blog referínme varias veces ó tema, agrupadas (só) as últimas na etiqueta sanidade.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *