Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Fotos, cultura, cartos e símbolos


algún edificio da cidade da cultura está rematado. As guías transmiten o que lles mandan, e todo e bó, bonito e esquecen dicri o de barato. E mesmo as súas formas e grandiosidade poden gustar á xente, pero non deixa de ser un roubo. Os detalles dese roubo quedan para outra mostra. Aquí, tres fotos só.

Na primeira, parece que os edificios se elevan ó ceo, mesmo chegando a tocar a estrela que se ve sobre del (na realidade máis prosaica, Venus, non unha estrela) … para logo caer  da outra beira de novo ó chan e ladeira abaixo, aínda máis baixo.

O lago dun edificio que se ía construír e para o que polo momento, non hai cartos. Í a ser grandioso, o símbolo do complexo … ía. Hoxe por hoxe é un oco artificial que se enche de auga e que resulta ser un vacío sobrecolledor.

Unha ‘exposición’ que enche un edificio e que consiste en mediante 1 só ordenador e varios proxectores en diferentes pisos proxectar cousas que os visitantes poden escribir pasando cos dedos sobre unha pantalla táctil. Iso sí, como non hai nin para vixiantes, a xente escribe o que lle peta literalmente.

Unha mostra do que gobernos de diferente signo poden facer e/ou non poden ou queren parar.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *