Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

A liquidez impulsa as accións


No suplemento económico de El País, onte, aparecía un título como o desta entrada. A primeira imaxe que se me viu foi unha (nova) inxección de cartos, voando por riba da xente, para ir a parar a aumentar o prezo das accións.

O artigo pódelo ler calquera, aínda existen bibliotecas se non se atopa en internet (O primeiro que se atopa a estas horas en internet procurando o título corresponde a unha nova de hai catro meses … e, respecto ás bibliotecas, non sei se en Madrid, despois dos últimos acontecementos …). E despois, pararse a pensar que significa iso de ‘inxección de liquidez’. Como está definida como idea, deixemos a cousa en algo máis sinxelo: vante inxectar liquidez? Vai ser bo para ti ou só para as estatísticas financieiras? Quen vai pagar isa liquidez?

As preguntas que se me ocorren rebosan o espazo dispoñible. Apuntando algunha resposta a una pregunta aínda non formulada aquí, non creo que a liquidez chege ó concello de Ribadeo de xeito tan doado. E polo que se viu en post anteriores, está necesitado de liquidez.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *