Só 160 000 €, unha ganga de céspede artificial foi instalado no patio do C.P. Gregorio Sanz. Xa é usado por 180! alumnos da escola de fútbol (fútbol 7, que o campo é pequeno), a pouco menos que 1 000 €/alumno, que diminuirán ó ser usado por sucesivas xeracións de balompedistas. E ata os políticos de turno e compañía poden facerse unha foto chutando ou pasando o balón. Claro que ten desgaste, aínda que sexa pequeno, virtude que o de herba natural non tiña. Que asunto máis prioritario que a substitución do natural polo artificial? Que máis se pode esperar, que cheguen os cartos para todo? De ilusión tamén se vive! E ó fin, a Torre se se deixa, ha caer, e os anciáns xa residen onde sexa.
As obras do campo de céspede artificial, sen rematar. |
Para completar a entrada dooutro xeito, coido que un par de fotos ‘progresistas’ poden axudar. A primeira, o comezo da última (polo momento) obra no entorno da ría, a enésima ampliación de Mirasol.
Comezaron xa as obras de ampliación de Mirasol 2012. |
A segunda, un irisado campiño de mistura de combustibles no chan da gasolineira do Eroski: tamén a contaminación é fermosa.