Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O desastre ambiental do día


Como pedido ó Papá Noel, un novo desastre ambiental, que promente ser o maior da década causado polo petróleo, consumouse esta semana en Nixeria, o país que hai anos entrou en guerra civil co motivo do petróleo que comezaba a explotarse (guerra de Biafra)… A extensión da mancha no Atlántico é comparable á da Mariña (un pouco menor)

Mentras, aquí libramos unha nova batalla contra os estorninos (e van …), menos numerosos que antano, pero dos que xa se coñece a súa evolución.

[Por se alguén quere comparar imaxes, aquí, unha da catástrofe que tentamos asegurar que nunca máis volvera a ocorrer, a do Prestige, e a actual fronte ás costas de Nixeria.]


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *