-
Un documento para lembrar (se queres), para unirte (se queres), para pensar (se te decides), para …
A acta da última asamblea indignada, en Ribadeo, aquí.
-
Desta vai?
Hai xa tempo que o alcalde ven espallando a súa idea de que Ribadeo sexa unha pequena vila. A conta diso, non é a primeira volta que sae no blog, nin tampouco a primeira que reflexo a miña idea de que a cantidade de veciños non é tan importante como a calidade de vida. O…
-
A crise perfecta
Que mellor crise que a que se prepara para que se autoalimente? Onte saía na prensa que se está comezando a aplicar nas causas recentes o fin lexislado da xustiza universal. Os preciosos cartos dos españoles xa non poderán servir para investigar crimes que non incumban direitamente a españois. Ó resto, que o zurzan (xa…
-
Unha semana e un día
Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras…
-
Xa hai columnas novas no cantón
A foto corresponde a varios días atrás, á substitución das columnas do edificio dos Moreno. Un paso máis cara á súa conservación, importante, pero non definitivo, pois o interior segue a deteriorarse, a parte do que se pode observar nas fachadas. Poden observarse as novas columnas entre os apoios mantidos para a súa substitución.
-
Ribadeo, fóra
Esta semana un grupo de alumnos do IES Porta da Agua estará expoñendo traballos realizados por eles na edición 2011 da Galiciencia, en Ourense. Os alumnos son Andrez Vilar, María Pernas, Alexandra Martínez, Pablo Ramos e David Portillo, acompañados polo profesor Antonio Gregorio. O IES ten participado nas catro edicións anteriores de esta feira exposición…
-
?
Non comprendo moi ben. Unha agresión, conmoción en Ribadeo e novas de prensa acaparando titulares e… o primeiro que aparecen, a pesares das marcas da agredida, e o cuestionarse de se a versión dada é real ou está mentindo, antes de comezar a investigación. Coido que se hai razóns para dudar, deberan expoñerse, e…
-
SPQR
Senatus populusque romanus, o Senado e o pobo de Roma. Se non lembro mal, era isa a lenda que levaban os estandartes das lexións romanas, en representación dunha comunión entre pobo e representantes na loita contra o exterior. No caso español, o Senado é, cando menos, algo diferente. E non porque nas últimas eleccións sexa…
-
Datos de Ribadeo, Lugo, Galicia, España, algunha pregunta e algunha cousa máis.
Estamos no día despois. Abaixo deixo os resultados electorias de Ribadeo, Lugo, Galicia e España, tomados da páxina oficial. Para os datos comarcais, aquí. Coido que é para pensar a comparación dos resultados en escanos cos ofrecidos aquí, que resultarían dunha proporcionalidade non guiada polo método d’Hondt. Algo que debería terse presente á hora tanto…
-
Primeiros datos electorais: o PP a 1 da maioría absoluta
http://www.generales2011.mir.es/99CG/DCG99999TO_L1.htm En Ribadeo, polo momento: PP 288 52,74% PSdeG-PSOE 151 27,65% BNG 52 9,52% EU-V 30 5,49% UPyD 15 2,74% PACMA 2 0,36% UCE 1 0,18% C.XXI 0 0,00% Máis? Un forte aumento da abstención, duplicación de porcentaxe de votos nulos e aumento forte de votos en branco.
