Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

De exame


Repasando papeis, chega á miña vista o texto seguinte:

“Polo tanto, onde queira que calquera número de persoas se xunten nunha sociedade dispostas a abandoar cada un o seu poder executivo da lei da natureza, e a renunciar a el en favor do poder público, alí e só alí haberá unha sociedade política ou civil”

A cita é de Locke, collida de Dous tratados sobre o goberno, LII, e ‘caeu’ na selectividade este setembro en Galicia.

Non está mal para reflexionar sobre ela: as persoas teñen que estar dispostas (é dicir, ter conciencia, non abandono) e polo tanto ter unha comprensión da situación, non un deixarse levar polas circunstancias. Así, pode considerarse a actual sociedade española unha ‘sociedade política ou civil’?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *