Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Na ponte dos Santos


1-5-M eran os tres carteis principais que había esta tarde na ponte. Despois da concentración dende mediodía na zona das Figueiras, xuntámonos ata unhas 200-250 persoas, cubrindo a parte central da ponte. A estas horas seguirá a música na asamblea na zona de ocio das Figueiras… A tarde, magnífica, invitaba á praia, e os barcos pola ría ofrecían unha paisaxe que non desentoaba co ambiente nin coa vista da ría de Ribadeo a media marea nunha tarde crara.

A próxima concentración, que de seguro a haberá, medrará a xente.

Fotos? A ver se alguén dos barcos colga algunha, pois Miguel marchou cando aínda estaba a comezar a cousa (un avión que andivo dando voltas despois non sei se era o del)

E en Madrid, a chegada de indignados? iso é en Madrid.

[Nota: contei algo menos de 200, pero logo incorporáronse máis.]


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *