Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Búscanse persoas.


Búscanse persoas. Calculo que por esta chegará cunhas catrocentas cincoenta ou cincocentas para non ter que estirar moito os brazos.

O 23, sábado, está pensado que as marchas de indignación cheguen a Madrid. E, para acompañalas no esprito, aquí está previsto facer unha cadea humana ó longo da ponte dos Santos. Será o 23, sábado, ás sete da tarde

Como en Ribadeo aínda segue a surtir máis efecto en moitos casos o boca a boca, é cousa de transmitilo así: que sirva iste apunte só como un eslabón máis na cadea de procura de xente que vexa o problema e esteña a implicarse dalgún xeito. De aí o título: ‘búscanse persoas’.

A ponte dos Santos. Entre os puntos sinlados pola liña, 620 m. E unha curiosidade da foto do sigpac (http://sigpac.mapa.es/fega/visor/): está actualizada á autovía na parte oriental, pero non na occidental.

Un vídeo en galego estremeiro sobre a cadea humana:


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *