Dádeme 6 euriños cada un para salvar a Telefónica … necesita un ERE urxente para sobrevivir … tede piedade dunha sociedade que o ano pasado só gañou 220 € por cada un de nós … apiadádevos, 6 euriños máis …
Que és emigrante? apiádate igual, Telefónica é internacional.
Que és menor de idade? Telefónica pode comunicarte cando sexas maior.
Non é para viño, os cartos son para un ERE e para pagar a directivos …
Piedade!
– Nota: segundo as informacións de diversos xornais, Telefónica tivo un beneficio de máis de 10 000 M€ pasado ano, máis de 220 por cada persoa de calquera idade, sexo ou condición contabilizada en España. O ERE que pretende para desfacerse de 8 000 empregados pasa por unha ‘axuda’ que corresponde a uns 6 € por persoa. Os pluses dos directivos son unha cifra superior. –