Inspección e correctivo: socorristas tomando o sol na praia das catedrais, non correcto, tick non recollido, bandeira azul denegada.
Chaman a atención na páxina do concello dúas entradas consecutivas, visibles hoxe, sobre a praia das Catedrais. O cabreo pola perda dun título, o de bandeira azul, é patente, despois da sorpresa inicial. As cousas non soen ser tan sinxelas, pero o certo é que a falta de ‘profesionalidade’ non se da só nos socorristas, senón outras moitas profesións, ou máis ben, individuos. Evitando esa falta quizáis o tema da crise actual estaría solucionado, por máis que se puxeran de acordo os inversores de deuda, o FMI e algunha institución máis. Pero, neste caso, parece que os inspectores actuaron como debían, e aínda que poda parecer desproporcionada unha medida deste tipo nunha praia onde a xente non vai bañarse (en xeral), as condicións son as que son, e deberan cumprirse. Xa vale do pasotismo amosado noutras moitas ocasións.
En canto á praia, as consecuencias para o turismo coido que serán escasas, e case máis ben beneficiosas a medio prazo, pois a xente ven a ver un monumento natural que, polo tema das bandeiras, pode saír máis veces na prensa, sen que a calidade de servizos na que pensa para a súa visita sexa menor. A foto usada polo concello para ilustrar a nova sobre as catedrais indíaco ao claro: cola kilométrica para acceder ás escaleiras do areal … Para a praia en si, coido que un pouco menos de presión non lle viría mal nalgúns días: de feito, non é a primeira vez que se oen rumores de limitación de visitas, enfocadas dun ou outro xeito.
Mentras, non se sabe que a organizción que concede as bandeiras dixera nada dun tema como o do aparcamento nunha zona protexida … e é que os títulos non teñen por que corresponder coa idea que xente temos deles.