Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Fototeca(s) de Ribadeo


Anda estes días pola prensa a realizacón dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputación cedía 5 000 € para a realización do proxecto, e logo tamén se avisou da posta en marcha, comezando a próxima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devolución e aínda entrega dunha copia dixital. A idea non está mal, aínda que entendo que debera vertebrarse mellor tanto con iniciativas públicas que xa hai como con outras privadas. Así, na mesma páxina do concello hai varios conxuntos de fotos, antigas e modernas, que coido deberan integrarse, como as galerías de fotos na páxina principal do concello ou o museo virtual de Ribadeo [ver comentarios], tamén accesible dende esa páxina e que pretende constituír un todo a partir de fotos antigas que nada por diversos lugares. Na beira privada, en flickr ofrécese unha morea de fotos de agora mesmo (tamén en Picasa, pero estas son menos útis a efects de Ribadeo-Ribadeo), a páxina de Ribadeo en facebook está a desenvoltar unha labor de dar a coñecer as imaxes do Ribadeo actual, con moitas fotos xa publicadas e con algún comentario, sen esquecer os libros de fotos que teño deixado eu en publicado en Ribadeo (Ribadeo falls, Ribadeo no tempo ou as dúas series de fotos antigas) ou aínda as fotos que teñen saído neste blog (ou sobre a ría) que entre exteriores e interiores soben do milleiro.
En fin, algo máis para conservar a memoria e así ter unha base de historia para poder encarar o futuro Ribadeo … quizáis, porque non é só dispor de algo, e usalo para un fin. Como visión alternativa, algueń pode pensar: ‘ou un gasto de 5 000 € para algo que xa se estaba a facer de calquera xeito…’. Máis visións alternativas? Pois por exemplo, unha fonte de ingresos complementaria para manter en funcionamento algo útil como o telecentro.
Mágoa de falta de tempo! Unha páxina medianamente ben feita onde se centralizaran as referencias ás fotos de Ribadeo que se van colgando na rede coido que sería moi ben acollida, mesmo daría oportunidades de negocio. Pero o dito: material hai en abundancia, tódolos días está a aumentar, e require moito tempo…


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *