Nestes momentos xa se está a traballar para evitar a perda dun patrimonio ribadense. Unha denuncia, unha posta en contacto con O Tesón, chamadas diversas dende a asociación para entrar en contacto con representantes municipais, desconcerto inicial e actuación actuación decidida, e agora parece que as cousas van tomando un rumbo de recuperación do que ía perderse, evitando unha desfeita total, pero sen saber a ciencia certa ata agora a ónde chegou o que se desfixo.
Sitúense vostedes na capela do cemiterio. Lembran as vidrieiras? Dos anos 30 e ben guapas para o estilo da época, pagadas con cartos de indianos, … e tiradas ó lixo nos amaños que se están a facer. Actuaron rápido as autoridades municipais unha vez advertidas, co que posiblemente non se perdan todas. Voltar as cousas á súa canle, as vidreiras ó seu sitio, non vai ser doado, e esperemos que sirva como lección. Será un tema do que se falará próximamente cando se teñan máis datos. Mentres, queda unha foto do segmento superior dunha vidreira, recollida do lixo.
A pregunta podería ser algo así como está valorado e coidado o patrimonio? Non é o único caso que se podería sacar a colación, aí está a Torre dos Moreno, e a resposta parece evidente.
Retraso a hora de publicación para meter máis fotos, que non caben aquí e deixo en facebook, Vidrieiras da capela do Cemiterio, (ou en flickr, públicas)e engado algún dato: eran oito vidreiras, 4 por banda da capela, e o seu estado actual, como se ve nas fotos, é calamitoso.