É nova hoxe que a fábrica de ENCE en navia anunciou que traballa a pleno rendemento despois da ampliación, isto é, cunha producción de 500 000 tn/ano, unhas 1 500 tn/día.
Non é nova en cambio, pero non deixa de causar sorpresa, que a pasta sexa cargada na súa totalidade en Ribadeo. Non é nova porque leva moitos anos sendo así. Pero non deixa de causar sorpresa porque diciase que o peirao ribadense non podía atender todo o volume de traballo que se lle viña enrriba. Así, por exemplo, na Voz de Galicia pregúntase o articulista o mesmo que nos vimos preguntando moitos cidadáns: Para que era necesaria a ampliación, a nave ‘macro’ e demáis? As respostas van dende a chocarreira ‘para a futura nova ampliación de ENCE’ ata a non desexada ‘para poder pagar e recibir comisións’, pasando por unha á que me apunto: para forzar a negociación e rebaixar tarifas. Ó fin, a tarifa actual que paga ENCE é moito máis baixa que a que viña aboando, co que se ben o peirao segue atendendo toda a saída, agora a marxe comercial de ENCE pode ser maior (e o rendemento de Portos de Galicia, unha entidade pública, ó fin, de todos, menor)
Mentras, plantéxanse outras cousas, como, que pasa co ramal de FEVE á fábrica naviega? O resultado é que están licitados, pero sen comenzar e sen data para facelo, cous dos tres tramos (pensar que se dividiu en tres tramos unha lonxitude de vía de cousa de 1,5 km …), co que o atraso na posta en servizo sobre o previsto está asegurado. Mentras, a polémica parece que xa pasou, unha volta conseguidos ‘algúns’ obxectivos por parte da fábrica.
E, mentras, fóise afincando en máis ribadenses a idea de que o non meter un mamotreto máis na ría ten perxudicado a Ribadeo: Está comprobado que non é así, pero tamén está comprobada esa percepción popular …
Un par de ligazóns sobre o tema: carta al alcalde de Navia. Datos (e comentarios dos mesmos).