Escoitando onte radio nacional atopeime con este termo, que quixera aplicar a Ribadeo: a definición di abondo, pero é complicada. Trátase de poñer as bases, mediante as novas de prensa, para unha comprensión do que se ve abocado a pasar despois.
En Ribadeo hai novas que cando aparecen, quen está informado, veas como totalmente lóxicas debido ós pasos anteriores dados en política, economía ou por diversos actores sociais. é dicir, en certo xeito, deixan de ser novidade para ser obviedade. Pero para a xente que non está informada do tema, son polo contrario novidade que parece xerada da nada, descontextualizada. E polo tanto, atribuíble ás máis diversas causas, manipulizable, …
En certo xeito, o blog tenta ser periodismo preventivo.