No xornal de hoxe aparece a apertura de expediente da Xunta a dous pub, por importes de 1300 e 310€ respectivamente.
A parte de ser raro que apareza unha nova así, o feito de ser nunha zona non próxima á miña casa fai que non apareza relacionado comigo nin lonxanamente este tema, coa infracción nouturna correspondente. E fai asemade que se vexa ás claras que o problema de ruído nouturno segue presente en Ribadeo, a parte do que diga ou deixe de dicir eu, por unha banda, ou os hostaleiros por outra. A cousa seguirá. E xa hai tempo que escribín que canto máis tardara o que chamei ‘reconversión’ dos locais, peor ía ser para todos: para os veciños e para os propios locais. Coido que o tempo pouco a poco me está a dar a razón, apoiado en que unha cousa é o negocio da hostalería, incluída a súa importancia en Ribadeo, e outra que ese negocio dependa da producción de ruído.