Estes días as novas en Ribadeo van de obras. Comezou a visita ó Cuartel do Subdelegado do Goberno para supervisar as obras realizadas, visita que sae contestada na prensa de hoxe pola Unión de G.C., aludindo a diversos problemas que teñen. Despois foi o amaño do tramo da N-642 ata Porto (ata a glorieta que da desviación para a Veiga), coa petición feita polo concello. Incorporouse outra petición (na realidade, re-petición) do concello para que Ribadeo teña outro acceso dende a A-8 vindo dende Galicia e non se colle a xente ata Asturias cando querería entrar no noso pobo (ver en relación a isto pequenas cousas sobre o tema, pois o acceso está sen construír: 0, 1, 2, 3) E hoxe a prensa incorpora a Torre dos Moreno, cunha foto na que sae o alcalde vendo unha pequena excavación (unha ‘cata’) ó pé dun dos piares da torre, e onde se di que son necesarios amaños nunha ducía deles para asegurar a torre. A lembrar sobre este punto que a dispersión da propiedade fai que a Torre non se poda amañar de xeito directo polo concello ou a Xunta ó ter só unha quinta parte da propiedade. Pero hai normativa no concello pola que, se que se está en estado ruinoso, e parece estalo, se pode amañar e logo pasar ó cobro, o que quizais da o xogo abondo como para facer unha intervención entre a Xunta e o Concello, e así salvar o símbolo ribadense asociado con indianos (algunhas ligazóns referentes á Torre dos Moreno: 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, … e un libro do que é portada a torre) que literalmente se cae a cachiños.