Interumpo o que tiña pensado facer hoxe no blog, seguir co comentario do pleno de antonte, para meter algo persoal.
Despois de saír do traballo onte, atópome alguén que me di que na COPE se me estivo acusando (a min e ó Tesón) de información privilexiada a partires dunha nota da AVV Atalaya. Como non é nin a primeira nin a segunda vez que dende o entorno de dita asociación cargan contra mi e o Tesón (polo que parece, algo así como o meu ‘alter ego’ no imaxinairo dalgunha xente), e ademáis algo como a información privilexiada implicaría unha correspondencia externa, tentei saber algo máis sobre o tema para responder. Esta mañá aínda non sei exactamente que dixeron na COPE, polo que sobre dito extremo, só podo dicir que non me parece ben aceptar e difundir acusacións que non están confrontadas; cousa de ética periodística. De calquera xeito, como repito que a pesares de saber que foi difundido o tema varias veces, non o escoitei direitamente, polo momento, paso.
Si hai unha nota en internet, entregada onte no concello (ten o cruño), onde aparece a cousa máis suave do que me dixeron da radio:
– dise que neste blog aparece información da comisión informativa do xoves con inclusión de votos. Ligazón á referencia deste blog.
– e logo se pregunta se as actas da comisións informativas son públicas, para pasar a preguntar se non hai reserva legal, e despois aínda, a pesar de estar preguntando nos parágrafos anteriores, dicir que a Atalaya quere que se lle de o mesmo trato de favor que goza O Tesón, xa que segundo parece conta con información privilexiada, “se é certo o que aparece no blog”.
Pois si, é certo. Pero non é información privilexiada. Mágoa, na sinatura aparece un garabato como ‘representante’, sen nome, dni ou outra posibilidade de identificación, co que, se non aparecera no blog da Atalaya, cargado por a333 (que a parte de ter entrada á carga do blog xa ten descoberto a súa identidade no mesmo) sería posible atribuir a alguén externo o escrito, e polo tanto, cualificalo de falso. Pero non.
O da inclusión de votos, igual que outras informacións que deixo dito dia no blog (artigo que ligo antes), sae na prensa de sábado (dispoñible dende a madrugada, antes de que me levante a diario e por suposto un sábado). Por certo que comprobei si seguía en internet por se tiña habido algunha rectificación. E alí sigue e alí se pode ir a procurar.
O mal xa está feito: está difundido por unha emisora de radio con comentarios da faena inexistente. Parece que noutros medios non se deu difusión da ‘novidade’. Todos sabemos que cando se da unha nova, o desmentido non acada igual difusión e impacto. Polo tanto, repito: o mal está feito, acusando a persoas e institucións ás que algo lles quedará desa ‘fama’.
Nota final: nin se me ocorre polo momento facer unha ligazón direita do parágrafo implicado no escrito ó artigo xornalístico con esa información puntual citada, non vaia ser que alguén me cualifique dicindo que estou cambiando cousas no mesmo artigo. Así que, queda sen ligazón direita e haberá que procurar na rede…