Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Móvese


Na liña que xa teño editado moitos artigos no blog (ver senón a serie ‘ria si, nave non‘) aparece hoxe a nova de que o PP (referido á Xunta, polo momento) pode tomar de novo nas mans de Portos unha proposta sobre a nave que se prevía en Mirasol.
Haberá que esperar a ver se verdadeiramente hai algo do tema, e, se o hai, como é. Pero o resume que aparece en internet na páxina da Voz é abondo clarificador.
Mentras, chama a atención que precisamente onte saltara á prensa a nova das toneladas de sal no recheo, que se din para botar nas estradas da provincia pero levan sendo acumuladas na zona portuaria ribadense de xeito ininterrompido máis dun ano, preguntándonos se para iso se fixo o novo recheo, para ter mercadoría acumulada nel ata que sexa usada ou enviada (aínda que agora esteña no recheo dos 90)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *