Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Mirasol e o futuro do porto de Ribadeo


Mentras que o conflito da madeira fai que non saia pasta de papel de Mirasol, parece que se desatasca a posibilidade de obras na liña de Feve entre Ence e o Musel, de xeito que a finais do 2010 estará rematada. Con elo, é presumible que volte a polémica pola nave en Mirasol, se non direitamente para tentar de novo a súa construcción (reitero o que xa dixen noutras entradas, que a nave non se construiu por razóns diferentes á presión exercida, aínda que esta poidera ter contribuído a axilizar a decisión) si alomenos para tentar algún tipo de compensación pola non construcción.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *