Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Convocatoria de asamblea de Amigos da Gaita

  • A salto de ría, o mercado son mercados

    Contúa a pugna polo mercado. Segue incrementando postos Castropol. Pero os clientes seguen en Ribadeo, e polo momento só hai promesas dos vendedores de que cando veña o bo tempo si quitarán clientes a Ribadeo. Non o vexo. Mentres, o mercado de Ribadeo segue aparentemente coma sempre. Xente para os dous? Desprazamento para non vender,…

  • Aleluia?

    Remato de ver na web do concello unha nova, “REÚNESE NUNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA O VENRES da Xunta de portavoces“, o que indicaría un contido común máis na web. Contido común e desexado, que indicaría un novo recorrido da web municipal cara á inclusión das convocatorias dos plenos, por exemplo, permitindo unha reacción anterior e participación…

  • El sistema se defiende por todos los medios, Justicia incluida.

    Copio a frase final dunha entrada de im-pulso. Coido que é autoexplicativo.

  • A contraluz

    En Ribadeo non se pode esquecer a ría. Alomenos, non se debe, se se quere ter conciencia do pobo ou mesmo vivir coas posibilidades que ofrece. Ou se se quere saber boa parte do que pasa en Ribadeo. As fotos están tomadas esta fin de semana. A porta principal baixa do ascensor da Atalaia, que…

  • Retos da muller no S. XXI

    Sábado 28 de novembro, no Salón de Actos da Casa do Mar, de Ribadeo, organizado por NNXX: PRIMEIRAS XORNADAS DA MULLER Retos da muller no século XXI: 11:30h – I conferencia: A muller fundamento da familia Conferenciante: Emma Álvarez Chao 12:00h – II conferencia: A muller traballadora Conferenciante: Raquel Arias 12:30h – III conferencia: A…

  • Tres novas vellas económicas a nivel Galicia

    1.O PPdeG bloquea por terceira vez a proposta lexislativa para suprimir o plus dos altos cargos: seguirán cobrando máis despois de ser designados e acabárselles o período de designación. O bloqueo, a unha iniciativa popular con máis de 19 000 sinaturas. Por certo, que o plus afecta só os funcionarios. E que, se ben é…

  • Concerto da banda no día de Santa Cilla

    Por ista, só o díptico. Iso si, faltaron moitos músicos pola gripe. Do ‘ecotrack’, tamén da fin de samana, nada…

  • A representación pola igualdade

    “Emerxendo das cloacas, (…) saíron como ratas os heroes de última hora, os tiranos de mañá” (Curzio Malaparte, “A pel”) A frase é aplicada ós virachaquetas dun espazo liberado na II guerra mundial. Pero é polivalente, serve para calquera conflito: xente que agacha a cabeza ata que pasa a loita e logo se apunta ó…

  • Referido ó Alakrana, a feito pasado

    Coido que, despois de ver un blog en ‘Público‘, o referido na nova do ‘El País‘ é do mellor para reflexionar (ver o parágrafo que comeza “Sobre la zona de seguridad a la que alude el Ministerio de Defensa“), mesmo quitadas do medio as causas profundas, os cartos e outras disquisicións. (tamén quitadas outras cousas…