-
Frío
Onte estreouse en toda Galicia a película ‘Frío’, sobre o triángulo corrupción-droga-dexeración social. En Ribadeo, a estrea estivo realmente fría: 7 persoas en total para unha estrea dunha película que resultou entre outras cousas escura de máis, e moitas veces inintelixible o son. Serían cousas do equipo,pantalla e sá empregados? Chamou a atención que…
-
A era da inocencia
Cito dun artigo de Josep Ramoneda: “A política ten que perder o medo. Pero para iso ten que recuperar a confianza perdida. A política só pode avanzar se a cidadanía a segue, e para iso a cidadanía ten que ver que se sabe cara onde se quere ir e que hai certa equidade no trato.…
-
Algo xa sabido … e a consecuencia, máis descoñecida
“(…) Imperialismo lingüístico é que o idioma inglés e o negocio do seu ensino arredor do mundo perpetúan un neoimperialismo, no sentido que apoian un sistema de comercio que lle da avantaxe ós países centrais (ricos e poderosos), e desavantaxe ós periféricos.” (Le Monde, set. 2008, ‘La guerra de las lenguas en España’) O corolario…
-
Sobre o plan sectorial galego de solo residencial en Ribadeo
Onte, xoves, asistín ó debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a máis que reseñar algúns puntos, como o alonxamento dos viciños da redacción do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola miña parte, xa levo deixado…
-
Educación e regulamentación
Polo tema propio de traballo, parece que o departamento de edcuación debera ser en calquera administración dos máis cumpridores das normas. Posiblemente así o é, pero tamén moitas veces incumpre non só a normativa xeral senón tamén as súas propias normas. Hoxe mesmo trae a prensa dos seus incumprimentos en materia de persoal de comedor,…
-
Revisión e sorpresa
Por indicación dun lector visito unha nova, http://elprogreso.galiciae.com/nova/23019.html “Sorprenden en Barreiros a un condutor de 19 anos circulando sen carné” e atopo algunha cousa curiosa. Comezando polo anuncio que aparece sobre a propia nova, ‘obtenga ahora su carné de conducir internacional’ dunha entidade chamada ‘international driver document’ que parece estar pisando o monopolio estatal para…
-
Gaza
Tiña pensado facer unha entrada hoxe sobre a situación internacional. Polo momento, só unha ligazón ó blog de ‘El ángel de Olavide‘. O tema, Gaza e a situación actual alí. Sobran máis verbas. Mellor, a referencia que alí se pon.
-
Raro? Non, previsible e previsto
Prensa de hoxe: “Burela só está vixiada pola Policía Local en Noiteboa cuando coincide en fin de semana”… aquí non chegamos a tanto, pero… por exemplo, a comezos do mandato municipal anterior prometeuse que ó final a policía estaría tódalas noites do verán. E dado o paso de avance, o que cabe é preguntarse que…
-
De algo que non foi e poido ser
Unha entrevista onte a David Antonio López Álvarez lembroume a súa historia. Recolector de cunchas (unhas 1 500 nestes momentos) primeiro, e logo de insectos e fósiles, con 38 anos ten unha colección envidiable. E museable. Xa dende hai tempo, fixera unha oferta para manter un espazo de exposición permanente en Ribadeo. Ata agora non…
-
Hoxe, mercado
Mércores de novo, mercado outro día máis. Si, háino. Pero, rematou a confrontación? Non. Pode que se vaia normalizando sen notarse, pero é de dubidar que nestes momentos se esteñan pagando as taxas esixidas tal cual, e tampouco houbo unha solución final negociada, e polo momento sábese que chegou unha proposta á oposición, pero as…