Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Casualidade

    Hoxe é día de pleno. A prensa lémbrao. O Tesón ten preguntas tamén que facer. A oposición di ó alcalde que se vaia preparando, que vai ser o pleno duro … cousas dos políticos, que se lles amontoa o traballo: por casualidade collo unha folla de hai tempo con outra información, pero tamén recolle ista:…

  • Un título: “Suma e segue.”

    Podería ser un título. Pero máis ben parece un lema. Non é ningunha adiviña. Lendo o artigo de Serge Halimi coido que a interpretación do lema está clara. A necesidade de facer algo, tamén. Como responder, que facer, pode que non tanto. Pero se se pode por un grauiño de area para responder …

  • Aquí, como en Hollywood III

    Queda a festa da noite, que está a transcorrer. A peli (que xa comentei a raíz dun apunte de Chenchu na entrada anterior) pode ter un bo recorrido. Pero cara a Ribadeo, interno, o recorrido xa está feito e tivo un bo resultado, pois o pobo xirou ó seu arredor. En canto á propaganda que…

  • Pase previo: Aquí, como en Hollywood II

        Esta mañá tivo lugar o pase previo correspondente a Os mortos van á présa (por certo, non ‘ás présas‘). Director, guionista e compositor falaron despois do ‘trailer’ (non confundir co camión da película).     A banda interpretou despois tres temas curtos. A música, candidata a un premio? Verase.     As fotos, de Maria Castro…

  • Inferno e paraíso

    Contraste hoxe duro na prensa: anuncio de toda a parafernalia sobre a ‘Première’ da película e que a familia xitana se queda polo momento na súa chabola ó non recibir ofertas o concello para subministrarlles un piso (por suposto, hai que devolver os cartos á Xunta).

  • Pleno descafeinado

    Asumo o título que pon na súa entrada a Cope ribadense para esta terceira entrada na que trato do pleno do luns próximo. A primeira entrada sobre o pleno comentaba unha nota de prensa do concello, a segunda incidía nalgún comentario máis xunto con outros alleos ó tema, e nesta recollo o meu desconcerto cando…

  • Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008

    Unha entrada breve para dar nova de que O Tesón remata de distribuír o Informe sobre ruidos en Ribadeo 2008. (tamén aquí)

  • Aquí, como en Hollywood

    Mañá, sábado, hai montada unha estrea de cine: os mortos van á présa. Os datos, na invitación á beira. O movemento de preparación e o que se espera en Ribadeo, importante.

  • Confirmación

    Si, o luns tratarase o plan sectorial no pleno de Ribadeo a pesares de que a nota de prensa do concello non falaba nada del. Foi unha ausencia que me chamou e segue a chamarme a atención. A moción foi presentada pola oposición; quizáis foi ise o motivo de que non se tratara na nota…

  • Divírtete sen molestar

    Campaña que vai comezar en Madrid.