-
Máis datos
Só un aviso de máis datos a disposición na web do concello, as actas dos plenos do que levamos de ano.
-
Tamén de política, esta volta no mercado.
Despois de onte, parece que a oposición se decatou de que o sentimento dos votantes non vai exactamente co dos vendedores. A nova é que non houbo acordo oposición-mercaderes, e aínda que as palabras non deixan de parecer que o acordo está próximo, si que parece que os números e os conceptos está abondo alonxados.…
-
Outra charla
A de onte estaba anunciada polo PSOE como charla de presentación de candidatura. E foi presentada, si. Coa asistencia de Ricardo Varela, nº 1 do PSOE pola provincia e conselleiro de traballo. Enetereime na mesma, por un coñecido, que todas estas charlas deben ser computadas e enviadas ó organismo de vixiancia mesmo na precampaña, e…
-
Por fin!
Remato de ver na web do concello que comezáronse a dispoñer en .pdf diversos documentos como actas dos plenos de ata dous anos atrás. Por sorte, non é a única cousa que aumentou a web do concello. Aconsello unha revisión dela… non din que información é poder? Pois a ver se así pouco a pouco…
-
Algo de Ribadeo Histórico, Monumental y Diplomático
O título corresponde ó dun libriño que remato de poñer en internet, no “Publicado en Ribadeo“, corresponde a unha charla en castelán publicada en 1914 sobre o Conde de Villandrando por Miguel García Teijeiro (“Miguel de Lois”), nado nas Figueiras. Boa letura!
-
Charla coloquio
Estaba anunciado como charla coloquio, pero foi un mítin. quizais non queda bonito chamalo polo seu nome na precampaña, pero… os que esperabamos que houbera algo de coloquio saímos preguntándonos porque non o houbo. E, unhas cousas levan a outras, aínda que o BNG comezou o acto vinte minutas tarde, tampouco ninguén dixo nada do…
-
Google xa traduce de a a galego
Envíame Ángel de Olavide unha nova que merece a publicación: Google xa serve de tradutor de galego. Seguro que non o sabían na xuntanza de hoxe os do BNG (ver mañá o blog…)
-
Dúas fotos e un aviso
Onte foi a Asamblea de O Tesón. En breve aparecerá a acta correspondente, pero de pronto, está xa a acta aprobada onte. Á beira, unha foto da que quedará nostalxia, o aviso da Innovación de que pechan, e por iso liquidan. Xunto ó cartel de aviso, un traxe de noiva. O peche está programado para…
-
Folleto do entroido 2009 que se achega