-
Libro do 5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo
Remato de colgar en http://publicadoenribadeo.wikispaces.com o último bloque do Libro do “5 aniversario Banda Municipal de Ribadeo“.
-
Migrantes
Onte fun ó acto de presentación da guía para mulleres inmigrantes impulsada polo concello. Concerto e degustación de produtos incluídos. Non puiden concentrarme no tema. Dende o primeiro momento ía o pensamento por exemplo sobre a emigración, a outra cara da moeda, tanto ou máis que sobre a inmigración. O título da guía non podía…
-
Convite e atragantamento
Antes o aviso: aínda que en terra en principio non se esperan para hoxe ventos demasiado fortes, hai aviso de risco extremo na costa do cantábrico comezando ‘na outra beira da ría’. Nesta banda só hai ‘risco importante’, como se pode ver no mapa capturado da web da axencia estatal de metereoloxía. Recibín xa hai…
-
Máis cambios
Comezan a verse na prensa os primeiros síntomas de cambio nas resolucións de conflitos e en máis cousas. Aparece unha nova sobre unha resolución urbanística (esta volta, en relación cun colexio público en Cervo, en que enfrontaba Concello e Xunta), dándolle a razón xudicial á Xunta. Pero agora, a Xunta cambiou. E o alcalde declara…
-
Efectos en Ribadeo
Notaranse pouco a pouco, pero hánse de notar. As eleccións, cos seus resultados, implican que cambian un montón de relacións con entidades das que dependen moitas cousas e cartos. E pásase, no caso de Ribadeo, de entidades ‘amigas’ a entidades ‘enemigas’. Non se deberan usar eses termos, pero a realidade coido que é así. E,…
-
Fresco ós oitenta anos.
Despois de tanta campaña, pode producir unha sensación ben diferente o ler unha entrevista como esta que lle fixeron a Noam Chomsky.
-
Pasaron as eleccións, e aí están os resultados
PP39/PSOE24/BNG12 PP, maioría absoluta. Desconcerto visible no bipartito, que cría que o cambio, só por dicilo, seguiría sendo cambio. E non. Non foi así. Ter unha percepción de que se estaban queimando etapas de corrupción máis rápido aínda que en mandatos anteriores non favoreceu ó proceso de cambio, e o aviso de que viña o…
-
Á espera de resultados
Á espera de resultados das eleccións en curso, estiven recabando datos das anteriores autonómicas, e deixo a continuación un resumo, primeiro con gráficos (en capasa de cebola, dende as de 1981 pola parte interna ás de 2005, pola parte máis externa) e logo en táboa. A orde que aparece nos gráficos é a mesma que…
-
A orde sen o poder: reflexións para un día de votación
A primeira parte do título é unha cita (1) que recollo como posibilidade. Posibilidade moi a ter en conta nun día de eleccións coma hoxe. O resto tamén son citas, e a súa fonte. “O sufraxio universal é o dereito para o cidadán de poseer 1/1460 ou 1/1461 (contando con anos bisisiestos) do poder que…
-
A queima do antroido 2009
Unhas cantas fotos para marcar o momento final do antroido 2009: a queima do boneco que o representa (este ano non houbo enterro da sardiña, senón queima, máis tradicional) O sitio, o parque, mesmo ocupado en parque aínda cunha exposición. Aproveito para subir a 21 os días de ocupación do parque por carpas no que…