Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Dunha manifestación

    O folleto que se tirou pola rúa para animar á manifestación polo tema do mercado (aínda aparece co manchado despois de sere pisado antes de que me fixera con el) e un par de fotos da manifestación. Un cálculo dame algo máis de cen persoas e menos de douscentas, pero outras fontes elevan ata 200…

  • Denuncia á UE e ó Valedor do Pobo

    DENUNCIA AO VALEDOR DO POBO E A UNION EUROPEA O pasado dia 28 de Febreiro cumplironse dous meses dende que un colectivo de 163 veciños de Ribadeo presentou un escrito no concello solicitando información sobre o proxecto dunha liña de outa tension e unha subestación electrica. Lembremos brevemente que os veciños preguntaban sobre o trazado…

  • Terras de Miranda

    Aparece hoxe a prensa con vellas novas. A axuda pedida para a restauración da Atalaia; o previsto novo embite de Ence en época de crise, esta vez ó que parece en forma de restrego do ‘ímonos a outro sitio’, a pesares da elevación do nivel de Mirasol e da apertura xa a fin de semana…

  • Completando novas

    Hoxe a prensa fáise eco do desprendemento do talud na Atalaia, blogueado onte en Ribadeando. A notar que xa comeza o peloteo entra administracións típico nestes casos (lembrar o desprendemento no cargadoiro), escudándose non en onde estivo a orixe do desprendemento, senón en quen ten ou non a potestade sobre o lugar. Por outra banda,…

  • Derrumbe da Atalaia

    Hoxe luns, a mediodía, a obra do ascensor da Atalaia sufriu un derrumbe que por sorte non afectou ó persoal. Nas fotos vese a obra, o derrumbe separado da ‘limpeza’ feita do muro para a obra e a parte baixa coa terra afectando por exemplo a un contedor. Parece lóxico pensar que antes de facer…

  • Público/privado

    Isa é polo momento, a nivel non partidario, a principal división de decisións cara ó futuro de Galicia, despois de que Feijóo anunciara a súa intención de privatización de servizos e xestión. En particular, na sanidade e os seus hospitais, pero non únicamente. Trataríase algo de así como da aplicación do modelo madrileño, algo que…

  • Sobre o ruído, esta vez en divertido 🙂

    Grazas a ‘El Ángel de Olavide‘ descubrín este video: … Queda algún punto por tratar? Seguro que os viciños de Barajas din que si.

  • Os resultados electoriais en Ribadeo: resumo

    Cunhas poucas operacións pódese sacar algunha conclusión máis: desglose dos resultados por mesas, campo/vila e partidos, con porcentaxes (sobre os votos a partidos con representación). Algunha cousa curiosa sae.

  • Ribadeo, muller

        Hoxe, 8 de marzo, celebrado como o día da muller (traballadora), debemos constatar que Ribadeo ten (ou debera ter) máis de muller que de home: a maioría da poboación de Ribadeo son mulleres, a bote pronto, unhas 500 máis que homes (4.671 homes, 5.183 mulleres no 2008).     Quedaría especificar sobre o título e…

  • Unha semana

    Ogallá as cousas sempre foran tan rápidas: pouco despois dunha semana despois de que o alcalde lle tirara das orellas a fomento nos medios de comunicación, ten a palabra de amaño dos desperfectos que se poden observar a conta da autovía no concello. calro que polo momento só é a palabra, pero algo é algo,…