Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • De novo, o ruído é nova, aínda que non sexa en Ribadeo

    Un amigo envioume hai un par de días ista nova, que xa vin replicada en varios sitios. Chegou a min onte, e onte resultou ser S. Patricio, Patrono de Irlanda, co que o mesón próximo, que ten certo gusto polo Irlandés, organizou unha festa, e que festa hai sen música? En fin, en Ribadeo non…

  • Unha nota de prensa sobre o ARI de Rinlo

    Xa que hai días nos que a web do concello non se actualiza coas novas propias do concello (como sinalei por exemplo, no comentario ó post anterior), deixo unha nova nota para darlle difusión; non sei como a tomarán algúns colectivos, como ‘Rinlo bai‘. VIVENDA APROBOU DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA…

  • Pleno de 16 de marzo de 2009 (e II)

    Despois do reseñado en “Pleno de 16 de marzo de 2009” pasouse a Rogos e preguntas, que non vou a desgranar unha a unha proque foron moitas. Pero si algunhas que considerei máis importantes ou curiosas: Reiterou F. Rivas unha pregunta de hai 3 plenos sobre o número de turistas provintes do Uruguai. A pregunta,…

  • Pleno de 16 de marzo de 2009

    Relatar un pleno non soe resultar curto, nin doado polas fintas, pequenos xaleos e demáis que se fan ó longo del. Neste caso, o pleno ordinario de marzo, non foi diferente, rematando preto das 11 da noite dende as oito da tarde ás que comezou. De calquera xeito, se tivera que resumir o pleno en…

  • Un artigo de Suso Fernández Acevedo na Comarca última: Dándolle á lingua

    Coido que no debate sobor da lingua hai aínda abondas cousas que dicir, pero sobre todo, de aclarar. Este artigo vai nese sentido.

  • Dun lugar e doutro

    Chegou a primavera, como o manifestan os xardíns ribadenses, como este beireando Santa Clara. Esta fin de semana tamén o manifestou a chegada de máis visitantes que moitos dos domingos pasados. A estación non entra oficialmente ata a próxima fin de semana, pero meteorolóxicamente xa está aquí. E con ela, por ista vez, un pleno.…

  • Falando de políticas

    Se non boto mal as contas, hoxe fai dúas semanas xustas das eleccións do 1M. Esta mesma semana pasada, a mediados de semana, deuse a nova de que despois do reconto dos votos dos emigrantes (e familia foránea), Ourense balanceaba un dos seus representantes do PP ao PSOE, quedando 38 – 25, momento no que…

  • RPC: non República Popular China, senón Regulamento de Participación Cidadá

    Pois iso, chamoume a atención en Lugo o folleto que adxunto, editado polo Concello, animando á participación cidadá para definir o propio regulamento de participación no concello. Algo que en Ribadeo lévase pedindo xa varios anos, despois de que o vello regulamento non chegara a aplicarse antes de quedar fóra da normativa actual. Aínda o…

  • Dúas festas por unha

    Só unha curiosidade: a conta das eleccións, o PP xa leva dúas ceas (a da final de campaña e a de celebración). O cartel pertence ó anuncio da segunda. E despois da cea, jarana (demostrado).

  • Os mortos xa chegaron

    Hoxe é a estrea da película ‘Os mortos van á présa’, logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine. O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre…