-
Unha circunstancia ribadense
Hoxe, coincidindo co reparto de libros sobre os castros ós asociados de O Tesón, pódese ver na Voz de Galicia unha entrevista a Gonzalo Meijide (completada aquí, aquí e aquí) redactor do plan que se está a aplicar nas catas do Castro das Grobas. É unha circunstancia que ven determinada polo interese amosado pola asociación.…
-
Semana Santa 2009
Á espera de cargar o programa (hoxe ou mañá), está colgado xa o libro correspondente á Semana Santa 2009, que pode consultarse a traverso de ‘Publicado en Ribadeo‘ ou de xeito direto en formato .pdf.
-
Reproducción dunha entrada no blog de O Tesón: Ría de Ribadeo, non Río de Ribambo
Coido que é convinte repetir aquí unha entrada de O Tesón, correspondente con algo que teño posto hai tempo neste blog (por certo, a entrada a Ribadeo si que foi corrixida): Coidamos que paga a pena tentar cambiar un mapa que se ve moito por internet: …”Que dende hai xa anos o principal sitio de…
-
Unha foto da illa Pancha
A lista de Cultura do Concello distribuíuna hoxe e vai tal cual, co que se pode ver ampliada con resolución abondo. O fotógrafo, Mariano Pérez, procurou non tomar na vista os graffittis do banco. Aprećiase asemade o estado da madeira, sen pintar hai abondo tempo, e a vista recolle unha paisaxe bonita, obviando o uso…
-
As Grobas comeza a reexistir
Coas catas comezadas luns e que se extenterán ata o 23 de abril, espérase ter unha idea da importancia dos restos do xacemento. Non no sentido de que haxa ou non restos, senón da súa conservación e posibilidades de recuperación de material a parte do propiamente estrutural das vivendas, o que posibilitaría a datación do…
-
Unha entrada pequena para unha carreira grande
Só unhas letras para deixar constancia. Leo onte que Julio Antolín parte para participar nunha das carreiras máis extremas do mundo, a que atravesa o deserto de Atacama. É un deporte de esforzo e mesmo de risco polo que require de acción corporal continuada.
-
1 – 0
Coido que o tanteo, hoxe, é maís elevado. Non se trata do fútbol, senón de política. En canto ós ‘equipos’, coido que podería dárselles nome diferente segundo visións aprticulares. Hai quen dirá que un equipo é o alcalde, o equipo de goberno, por exemplo, mentras hai quen dirá que é o pobo. O mesmo na…
-
Mercado a 65
A semana pasada dixérono os vendedores, houbo nota de prensa do alcalde e onte voltouse a repetir noutra nota de prensa: hoxe haberá mercado, pero non todos están ó día no pago, e só montará quen non sexa montaraz: os 65 (dun total de máis de 80) que pagaron todo o 2008. O que levamos…
-
Autobombo
http://www.santiagosiete.es/articulo/2008/43/blogs-galipedia-y-chuza-nuevos-poderes-comunicacion-en-galicia … envioumo un amigo que merecería ser citado máis que eu.