-
O concello
O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…
-
É telefónica española? Compórtase dando algunha ventaxa ós usuarios ‘da casa’?
Cifras cantan: Brasil ten máis negocio con telefónica que España, a quen duplica en negocio de móbiles. Pero non é só o negocio ou a externalización de servizos (de malos servizos, como a atención ó cliente), hai que mirar outras cousas: en España obtivo case un 25% máis de beneficios antes de amortizacións que ……
-
Sobre o blog
É posible que ata o día 6 ou 7 non publique ou o faga a salto de mata. Quede constancia da visita a Ribadeo dunha delegación francesa para ultimar detalles sobre a Transgacogne coa nova directiva do Clube náutico, volta náutica que este ano, en agosto, pasará por Ribadeo e será unha atracción sobresaínte naquelas…
-
O Ribadeo natural
Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o…
-
Unha estrada de Ribadeo
Hoxe por hoxe, a estrada máis ribadense é pouco usada polos viciños de Ribadeo: trátase da circunvalación, estrada que ten ano e medio dende a súa inauguración e foi fieta, suponse, ad-hoc para Ribadeo. Antes de ser creada, José Ángel Salvatierra e máis eu escribimos un pequeno artigo para a comarca e o seu…
-
Melgaço
Hoxe comeza a viaxe, e mañá terminarao, un grupo de alumnos e alumnas do IES Porta da auga a Melgaço. Está inscrito dentro dun programa da Xunta de Galicia, e non o poñería no blog de non ser porque hoxe a prensa trae unha nova semellante respecto dos escolares do IES Marqués de Sargadelos de…
-
A noticia do domingo
A intervención onte da Caixa de Castilla-La Mancha polo goberno indica que España entra nunha nova fase de crise económica. Ribadeo non ten sucursal, pero sufrirá o efecto. A intervención fíxose de xeito ó tempo suave -garantindo depósitos cun aval- e o que se ven considerando de xeito internacional con poucas garantías para os cartos…
-
Máis publicacións: A Nosa Señora das Virtudes da Ponte e un novo número de ‘Miradas’
Remato de colgar en ‘Publicado en Ribadeo‘, despois do correspondente permiso, a publicación “A Nosa Señora das Virtudes da Ponte“, e despois de ter feito o mesmo antonte co libro da Semana Santa 2009. O certo é que ningún deles, o ter as páxinas satinadas, quedou demasiado ben escaneado, co que non descarto voltar a…
-
Ocupando o parque ribadense
En marzo baixou o nivel de ocupación do parque por carpas. Mais debeu ser episódico, pois os murais sobre o Camiño de Santiago estiveron abondo máis tempo que o previsto, e aínda hoxe quedan as banderolas anunciativas, a modo de decoración, como pode verse na imaxe. Sería máis bonito o parque se en troques de…
-
Programa da Semana Santa 2009 en Ribadeo
Aínda que pode verse descargando o libro da Semana Santa, quedan aquí as dúas banderolas colgadas da Igrexa de Santa María do Campo, que se poden ampliar para consultalas premendo sobre a imaxe correspondente.