-
Algo que non quedou publicado no seu momento…
-
Un novo número de ‘Ecos de la Parroquia’
Xa apareceu en ‘Publicado en Ribadeo‘ o novo número de ‘Ecos de la parroquia‘.
-
Sobre a liberdade en Ribadeo e na rede
Hai uns días publiquei unha foto, entre outras. Antonte ‘aconsellouseme’ quitala. Revisándoa, non vexo o por que, e máis aínda tendo información complementaria que non publiquei. De calquera xeito, xa que se me ‘aconsellou’, pensei nas consecuencias. E atopeime con outras situacións anteriores, relacionadas con outro tema pero semellantes no fondo ás que xuntar o…
-
Ribadeo activo
O cambio de estación xa foi, pero Semana Santa representa en certo sentido o cambio de estación para as persoas. Así se ve en Ribadeo un conxunto de actividades que hai que reseñar. Xa están en marcha as actividades de primavera do concello, hoxe preséntase a actividade que terá lugar a fin de mes e…
-
12 contra 4 en 577
Así foi aprobado na Asamblea Nacional Francesa, con 12 votos a favor e 4 en contra, de 577 persoas que deberan estar presentes (e non estaban despois de 40 horas de debates). A lei? é o de menos; corresponde á lei dos tres avisos para desconexión de internet por descargas que alí son ilegais. Non…
-
Fotos de novidades en Ribadeo
Comezo cunha intranscendente, que da a clasificación ó mediodía dos torneos de fútbol 3 que teñen lugar no Cantón, tal como estaban este mediodía. Non vin publicados os resultados en ningún sitio, por iso aí quedan. A segunda é do cable que onte parou o desenvolvemento da procesión, na rúa Reinante. A súa misión aínda…
-
Da velocidade, o touciño … e o concello
De todos é sabido que o que pasa en Ribadeo ten tendencia a ser achacado ó concello (en particular, se é para mal; se é para ben, é a propaganda oficial a que se encarga de xeito direito). É evidente que moitas veces se esaxera, pois o concello non pode ser omnipresente. Pero, ás veces,…
-
A presencia da SGAE
Onte foi o concerto de Semana Santa da Banda de Música Municipal de Ribadeo. Á beira, o folleto correspondente.Non chegou a medio auditorio Hernán Naval a xente que desfrutou del. Houbo algún cambio respecto do programa: Miniatures for band foi interpretada antes que Concerto grosso, e a Antoline que aparece era na realidade Attonline. A…
-
A ría, en cheo
A ría da unha imaxe diferente cada volta que se mira. Estas dúas imaxes dan fe dun dos últimos cheos , co espolón dos bloques mergullado na punta (como se pode ver se se amplía a foto) e a praia reducida ó mínimo. No fondo, as nubes impiden ver a neve, aínda presente nos Oscos.