Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ano: 2009

  • Piscifactorías

    Estes días de cambio de goberno estáse a voltar a falar do tema das piscifactorías, en particular por concesións, desacatos e demáis. Deixo unha nova sobre o tema.

  • Licitación do paseo ás Aceñas

    Está en Ribadeo historia. E foi complementado xa por unha nota de prensa do concello.

  • As Grobas cumpriu

    O día de hoxe está cargado de novas, que quedarán para outra entrada, porque o pleno lévao unha: o soterramento onte a última hora dos restos do Castro das Grobas. O motivo é o medo á pillaxe. E está xustificado. 300 pezas, restos de cerámica, tiveron o seu achádego neste mes de catas no castro,…

  • Julio Antolín en Chile

    Despois de deixar o aviso da charla de hoxe, unha foto que me chegou.

  • Ribadeo, pequenos actos

    Luns hai pleno extraordinario para aprobar as concesións póstumas a calvo Sotelo. Pleno xa que logo, de trámite e con pouca chicha despois da aprobación de cartos da Deputación Provincial para a homenaxe. Onte estivo en Ribadeo o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. Acompañouno o todavía Delegado Provincial en funcións. O motivo, o Congreso…

  • Julio Antolín en directo

    Despois da longa carreira de Atacama, está previsto que Julio Antolín de unha charla o venres 24 ás 20:30 na Casa do Mar de Ribadeo. Será unha ocasión para aprticipar, aínda que sexa ‘de segundas’ nunha carreira extrema como as que fai Julio ó longo do mundo.

  • A nova liña eléctrica

    Hoxe recibín dúas notas de prensa sobre o tema, de dous lugares diferentes. Unha delas está colgada nas páxinas do concello. A outra reprodúzoa en baixo. Lendo ambas dun xeito rápido hai cousas que non me concordan, pero terei que deixar o tema para días de máis calma. — PRESENTACION DE ALEGACIONES El pasado lunes,…

  • Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia

    Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro…

  • O Ribadeo que queremos

    Hai tempo que fixen unha entrada co mesmo título, o Ribadeo que queremos, ó que seguiron varios máis co mesmo tema (por exemplo, este ‘Ribadeo que queremos’, ou este outro que tamén queremos de Ribadeo) e hoxe, a conta dos titulares da prensa e as notas do concello, lembro o pouco que se avanzou na…

  • Aldara e fotos

    Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado…